sábado, 9 de julio de 2016

Os mortos daquel verán de hai oitenta anos

A RAG ven de escoller a Carlos Casares como autor das Letras 2017. Nos vindeiros días celebraremos tamén o oitenta aniversario do inicio da nosa última Guerra Civil. Son múltiples as novelas referidas á Galicia dos anos da II República e da Guerra. Hoxe, aproveitando a elección feita pola RAG (que apraza, de novo, o necesario recoñecemento á figura do profesor Carballo Calero, sit venia verbo) propomos unha nova lectura para o verán:

Partindo da aparición do cadáver do boticario Ernesto Vilariño Dacal, morto supostamente de xeito accidental ao comezo da Guerra Civil, ponse en marcha unha investigación xudicial... A busca da verdade, a crítica do dogmatismo e das diversas formas de violencia opresora son os piares desta novela de Carlos Casares.

Hai oitenta anos os feitos reais superaron abondo ás ficcións narrativas.

Ti sabes que todos os dias
hai un home morto na cuneta
que ninguén coñece ainda
Unha muller sobre o cadaver do seu home
Chora.
Chove.
¡Negra sombra, negra sombra!
                          (in Cunetas de Luís Pimentel)

No hay comentarios:

Publicar un comentario