martes, 28 de junio de 2011

Un diario que non pecha

Neste día triste para os medios de comunicación en galego, cando aparece por última vez en edición impresa o diario Galicia Hoxe,


Sara Freiría fálanos dun diario clásico e inmortal, O diario de Ana Frank:
Ana era unha nena de trece anos que sufriu o ataque dos nazis ao pobo xuedeu. Ana, a súa familia e outras persoas viven nun refuxio detrás da empresa onde o seu pai traballaba, desde 1942 a 1944; nese tempo escribe no seu diario todo o que sucede, os problemas de convivencia, a falta de alimentos, a necesidade de ver o sol ou a súa visión do mundo. Ao final todos son apresados e levados a campos de concentración onde morren agás o seu pai, que é o encargado de publicar o diario.

miércoles, 22 de junio de 2011

Tres propostas distintas dunha única lectora

Pobby e Dingan de Ben Rice

Gustoume o libro porque trata da unión dunha familia. Unha nena mira a dous amigos invisibles e, de repente ponse enferma porque di que os seus amigos teñen desaparecido. O pai e o irmán da nena buscan aos desaparecidos. A busca resulta complicada, ao final atópanos mortos pero a nena queda aliviada porque puido enterrar aos seus dous mellores amigos.


Agnes de Dios de Leonore Fleischer

É un dos meus libros favoritos.

Atopan o cadáver dun bebé, estrangulado, na papeleira de Agnes, nun convento de monxas. A doutora Livingston ten que pescudar se Agnes é culpable (e merece ir á prisión) ou se ten un problema mental.


Nacida inocente de Di Pego e Hurwood

Este libro conta a historia dunha adolescente que está nun centro de menores e non sabe o motivo polo que está alí. Con tempo infórmase que foron os seus pais os que a meteran alí, ela segue sen entendelo mais procura pasar os niveis que esixe o centro para saír del e así poder regresar ao fogar familiar para estar cos seus.

Natalia Alonso Pérez, 2º ESO C

miércoles, 15 de junio de 2011

De vampiros
















El pequeño vampiro

de Angela Sommer-Bodenburg

A un neno chamado Antón encántanlle as historias de misterio. Un día, estando no seu cuarto, o vampiro Rüdiger pousa na fiestra; desde ese momento cada sábado Rüdiger vai ler os libros de vampiros que Antón ten na casa, un día Rüdiger decide presentarlle a súa familia e Antón faise noivo de Anna, irmá de Rüdiger...




El pequeño vampiro y el gran amor
da mesma autora

Un día Antón non estaba na súa habitación. Rüdiger ve nela a unha nena da que se namora e chega un momento en que ninguén pode separalos...

Ana Álvarez Rodríguez, 2º ESO C


viernes, 10 de junio de 2011

As crónicas de Spiderwick

Las crónicas de Spiderwick:

El libro fantástico

de Tony Diterlizzi e Holly Black

Libro rápido e de lectura doada. Os protagonistas son tres irmáns, dous deles xemelgos. Eles e a súa nai van vivir nunha nova casa na que algo lles chama á atención. Ao perseguir a un suposto esquío atopan unha especie de casa dun estraño animal. Jared, un dos irmáns, chega a un cuarto sen portas cunha mensaxe escrita enriba da mesa: “arriba, arriba, sempre arriba”. Por isto Jared métese en leas e a nai comeza da desprezalo. Despois de investigar atopa un libro de seres fantásticos no faiado. Jared arrepentido constrúe unha nova casa para o animal estraño do que nunca máis se soubo.

Sara Freiría Durán, 2º ESO C