miércoles, 18 de noviembre de 2015

Onde o mundo se chama Outeiro

Chegou o día de coñecer a patria de Manuel María e a súa tribo: foi un 13 de novembro. Comezamos visitando a casa natal, actual sede da fundación do seu nome, e alí tamén comezaron as nosas lecturas do día.


Logo visitamos o cemiterio onde repousa, sobre a súa tumba deixamos un par de rosas e ao seu carón recitamos algúns dos seus poemas.


E rematamos acercándonos a carballeira de Santa Isabel, seguindo un camiño á beira do río, nunha mañá outoniza máis agradábel.

lunes, 16 de noviembre de 2015

Lugo con L de Lecturas

O noso paseo lector pola bimilenaria Lucus Augusti.






viernes, 6 de noviembre de 2015

O bus que me leva pola beira do Miño...

Que mellor estación que esta do outono para comezar o ano Manuel María? O Miño guiará a nosa viaxe; faremos o camiño ao revés: das terras baixomiñotas remontaremos cara Ourense para rematar en Lugo, a nosa primeira parada e fonda. Logo, cos folgos do novo día, acercarémonos a Outeiro, a patria e tribo de Manuel María. E para ir abrindo boca,velaquí os textos que imos ler no paseo literario lugués e no roteiro outeirán: