lunes, 30 de mayo de 2016

MOPU

Non é o que parece. Non somos funcionarios ou simpatizantes do antigo ministerio de obras públicas e urbanismo. O noso é a lectura en verso e con algo de subversión. E a nosa biblioteca un improvisado e clandestino obradoiro para preparar a cartelería do MOvemento Poético Urbano: ideoloxía lírica coa/da/dende/na/para/pola/sobre/trala... cidade. Somos a alternativa poética á caste!



lunes, 23 de mayo de 2016

As anfitrioas de Pedro Feijoo

Hoxe a nosa biblioteca recibiu a visita de Pedro Feijoo, as colaboradoras da biblioteca e do club de lectura Tareixa, Ana e Araceli fixeron de magníficas guías e mestras de cerimonias.

miércoles, 18 de mayo de 2016

Se Tui Le, o Pedra de Acordo tamén le

Pequena memoria gráfica da nosa participación do VII Tui Le




lunes, 9 de mayo de 2016

CJC en TUI

Na nosa xeografía urbana quedan pegadas de cando polas nosas rúas, prazas e comercios andaba un neno que se chamaba Camilo José Cela, hoxe sería un ancián centenario.