Chegou o día de coñecer a patria de Manuel María e a súa tribo: foi un 13 de novembro. Comezamos visitando a casa natal, actual sede da fundación do seu nome, e alí tamén comezaron as nosas lecturas do día.
Logo visitamos o cemiterio onde repousa, sobre a súa tumba deixamos un par de rosas e ao seu carón recitamos algúns dos seus poemas.
E rematamos acercándonos a carballeira de Santa Isabel, seguindo un camiño á beira do río, nunha mañá outoniza máis agradábel.
No hay comentarios:
Publicar un comentario