miércoles, 23 de diciembre de 2015
Bo Nadal e Aninovo!
Están luceiros brillando!
As estrelas alumean!
O río baixa cantando
e os lobos xa non ouvean!
Manuel María
Nestas datas
e para todo o vindeiro ano
que gocedes das mellores lecturas
das vosas vidas
Etiquetas:
felicitación,
nadal
lunes, 21 de diciembre de 2015
Despedindo o Ano na Escola Infantil
Se o día 16 visitamos unha residencia da terceira idade, o último día de clase deste trimestre despedimos o ano cos nosos veciños da Escola Infantil. Se o mércores compartimos lecturas e músicas de Nadal coa terceira idade, o venres foi o turno para a primeira idade. Aquí podedes velo:
|
|
|
|
viernes, 18 de diciembre de 2015
Manuel María, no asilo
Como facemos de xeito habitual, chegadas estas datas, quixemos compartir cos nosos anciáns un pouco da nosa ledicia e das nosas lecturas. Nesta ocasión acompañounos Manuel María: poemas de Advento, panxoliñas, o madrigal A cidade de Tui, poesías sobre o Miño ou a matanza do porco... serviron para compartir uns cariñosos momentos cos nosos maiores cos que acabamos dando uns pasos de baile baixo os acordes dos nosos músicos porque música, poesía, danza e nadal danse a man.
Etiquetas:
Manuel_María,
música,
poesía,
recital
martes, 1 de diciembre de 2015
Un Xardín Desordenado moi poético
Unha vez máis o grupo Xardín Desordenado presenta en Tui as súas adaptacións musicais de poetas galegas, nesta ocasión será na libraría Espazo Lector Nobel, o próximo venres. Unha moi boa oportunidade para saber como soa, en vivo e directo, a poesía ou -se o preferides- como poetizan os músicos. E para abrir boca, unha mostra:
miércoles, 18 de noviembre de 2015
Onde o mundo se chama Outeiro
| |
E rematamos acercándonos a carballeira de Santa Isabel, seguindo un camiño á beira do río, nunha mañá outoniza máis agradábel.
Etiquetas:
letras_galegas,
Manuel_María,
visita
lunes, 16 de noviembre de 2015
viernes, 6 de noviembre de 2015
O bus que me leva pola beira do Miño...
Que mellor estación que esta do outono para comezar o ano Manuel María? O Miño guiará a nosa viaxe; faremos o camiño ao revés: das terras baixomiñotas remontaremos cara Ourense para rematar en Lugo, a nosa primeira parada e fonda. Logo, cos folgos do novo día, acercarémonos a Outeiro, a patria e tribo de Manuel María. E para ir abrindo boca,velaquí os textos que imos ler no paseo literario lugués e no roteiro outeirán:
Powered by
Issuu
Publish for Free
Etiquetas:
escolma,
Manuel_María,
poesía,
roteiro
viernes, 19 de junio de 2015
A vista e o ouvido ao servizo da lectura
Vídeos de presentación dalgunhas das lecturas propostas no Biblioxornal 40.
Etiquetas:
biblioxornal,
lectura,
verán,
vídeos
jueves, 26 de marzo de 2015
Moitas historias, moitas lecturas
Aproveitamos a celebración do Día do Libro e da Literatura Infantil e Xuvenil para, como non podía ser doutro xeito, LER. En primeiro lugar a mensaxe desta edición que atoparedes premendo aquí.
Para facilitar outras lecturas, achegamos algúns enlaces e suxestións:
- Contos de Andersen (en varias linguas) , neste ano festexamos o douscentos dez aniversario do nacemento de Hans Christian Andersen (2 de abril de 1805) .
- A pega rabilonga e outras historias de tesouros de Xosé Mª Álvarez Blázquez, acaban de cumprirse cen anos do seu nacemento en Tui (5 de febreiro de 1915)
- O trasniño e as LL. GG. de Xoán Babarro
- Querido aviador de Fina Casalderrey
- As dúas orellas e o rabo de Francisco Castro
- O misterio das badaladas de Xabier P. Docampo
- A fada da marmelada de Xavier Frías Conde
- O ano das mimosas de Xosé Luna Sanmartín
- Foi nas vacacións de Lourdes Maceiras
- Un niño para xílgaros cantores de Pura Vázquez
- ...
|
| ||||
|
|
| |||
|
|
|
Felices lecturas!
Etiquetas:
conmemoracións,
dia_libro_infantil_xuvenil,
lectura,
libro
martes, 24 de marzo de 2015
Día Mundial do Teatro
Acaba de comezar a primavera e festexamos a Xornada Mundial do Teatro. Calquera estación é boa para facer, ler, representar ou ver teatro.
No blog da nosa biblioteca varias entradas baixo o título Teatro para a Primavera ofertan textos e vídeos de media ducia de obras pertencentes a catro autores distintos:
Eles son:
Velaquí algunhas portadas e carteis das obras teatrais propostas:
Se premes nas portadas, podes acceder ao texto das obras
Feliz día do Teatro!
Etiquetas:
conmemoracións,
teatro
viernes, 20 de marzo de 2015
Con P de Primavera e Poesía, con F de Felicidade
Powered by
Issuu
Publish for Free
Etiquetas:
conmemoracións,
escolma,
felicidade,
poesía,
primavera
domingo, 22 de febrero de 2015
Vis à vis con Rosalía
O martes 24 celebramos a 178 aniversario do nacemento de Rosalía neste ano no que tamén se cumprirán, o vindeiro xullo, os 130 do seu pasamento.
Velaquí unha breve escolma de poetas galegos que a lembran.
Eles son Rosalía cando se inspiran nela, cando a cantan, cando seguen as súas pegadas.
Nós tamén somos Rosalía cando a festexamos, cando a lemos, cando nos comprometemos coa terra e como lingua coma ela.
Powered by
Issuu
Publish for Free
Etiquetas:
conmemoracións,
escolma,
poesía,
Rosalía de Castro
jueves, 29 de enero de 2015
Cando escribir non resulta de balde
Os perigos dunha vida e unha obra comprometidas.
Etiquetas:
compromiso,
conmemoracións,
escritores,
literatura,
paz,
vítimas
miércoles, 28 de enero de 2015
O sangue dos mensaxeiros
O compromiso coa liberdade de expresión e coa veracidade informativa ten demasiadas veces un alto prezo. Son moitos os mensaxeiros que xogan e perden as súas vidas para que a nosa sociedade poida coñecer un pouco mellor o que en realidade pasa no mundo. Sirva de homenaxe a todos eles esta humilde presentación. Eles, co seu sangue, son semente de humanidade e liberdade
Etiquetas:
compromiso,
conmemoracións,
liberdade de expresión,
paz,
veracidade,
vítimas,
xornalistas
Suscribirse a:
Entradas (Atom)