Os fantásticos
libros voadores do señor Morris Lessmore recolle,
con ilustracións, a historia dun home amante dos contos, das
palabras e dos libros. Una historia que demostra como os libros
cobran vida ao ser lidos e como alegran as distintas etapas da vida
dun lector. Un álbum ilustrado para todos os públicos, cheo de
simbolismos, metáforas e suxestións.
Primeiro
foi a curtametraxe gañadora
dunha ducia de premios (entre eles o do
público no Festival de
Cine de Austin, mellor curta de animación no Festival de Cine de
Cinequest e mellor curtametraxe de animación nos premios Óscar
da 84th
Academy Awards).
Dirixida por William Joyce
e Brandon Oldenburg,
narra en pouco máis de catorce minutos a historia dun escritor
que, tras perdelo todo
nun
vendaval
que arrasou
unha
cidade
enteira,
acaba encargándose
dunha
máxica
biblioteca de
libros voadores e de
como
os libros marcaron a súa vida e
lle ofreceron o seu poder terapéutico.
Inspirado
no furacán Katrina, en Buster Keaton, en o Mago de Oz... e, sobre
todo, na paixón polos libros... estamos
diante dun filme que,
sen palabras (é cine mudo) di todo sobre o mundo da lectura e da
escritura.
Unha
aplicación para Ipad permite
tamén acompañar ao noso protagonista, Morris
Lessmore, na súa aventura.
Elixamos
o formato que máis nos guste (impreso, fílmico ou en aplicación de
Ipad) para tributar un merecido homenaxe ao libro no día da súa
celebración
No hay comentarios:
Publicar un comentario