Nestes días cúmprense dez anos daquela marea que tinguiu de negro os nosos mares e costas, unha catástrofe que aínda hoxe anda polos xulgados e que nós queremos lembrar como mellor sabemos: lendo.
A lectura que traballaremos será a novela La Mancha Negra de Manuel Sánchez Dalama, Edit. Algaida, Sevilla, 2011, 248 pp.
(XIV Premio Novela Cidade de Badajoz).
Estamos diante dunha novela policial que narra a historia de dous naufraxios: o do petroleiro Prestige fronte ás costas galegas e o dun policía galego afincado en Madrid nos peores momentos da súa vida. Dous desastres arredor da insólita figura de Manfred Gnädinger, o alemán de Camelle, unha das vítimas que provocou o afundimento do vello petroleiro. Manuel Sánchez conta as circunstancias que rodearon o naufraxio do Prestige, mesturadas cunha historia de amizade, vinganza e narcotráfico.
Neste enlace podes ir abrindo boca coas primeiras vinte páxinas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario