Comezaba 1961 cando na quinta provincia galega dábase ao prelo unha novela da que, cincuenta anos despois, están vendidos máis de 600.000 exemplares. Memorias dun neno labrego é xa todo un clásico da nosa literatura traducido a múltiples linguas. Balbino forma parte indiscutible do acervo de personaxes patrimonio literario da humanidade e as súas vivencias son lidas con avidez por lectores dos cinco continentes.Moitos, nalgún momento das nosas vidas, identificámonos coa andaina vital de Balbino, de xeito maxistral narrada por Xosé Neira Vilas.
O luns, 24 de outubro, Neira Vilas honrará coa súa presenza e coas súas palabras a celebración do Día Internacional das Bibliotecas Escolares en Tui. Será unha oportunidade histórica para escoitar e coñecer en persoa a un patriarca das letras galegas vivo, alguén, que -parafraseando a lápida de Cunqueiro, outro autor que conmemoramos neste ano- coa súa obra, fai que Galicia dure mil primaveras máis.

Se queres ter unha primeira aproximación á vida e obra deste autor podes consultar a seguinte liña do tempo: