Cando xa se aproxima a data da homenaxe en Tui a Faustino Rey mostramos unha fotografía do ano 1965, data na que o noso homenaxeado fixo, nesta cidade, a presentación de Celso Emilio. Hoxe, 46 anos despois, no noventa aniversario do nacemento e no corenta cabodano da morte de Faustino, en vésperas tamén do centenario de Celso Emilio, queremos volver xuntar aos dous, habitantes do ceo da poesía e da galeguidade.
domingo, 20 de noviembre de 2011
FAUSTINO REY ROMERO, presentador de CELSO EMILIO FERREIRO
Cando xa se aproxima a data da homenaxe en Tui a Faustino Rey mostramos unha fotografía do ano 1965, data na que o noso homenaxeado fixo, nesta cidade, a presentación de Celso Emilio. Hoxe, 46 anos despois, no noventa aniversario do nacemento e no corenta cabodano da morte de Faustino, en vésperas tamén do centenario de Celso Emilio, queremos volver xuntar aos dous, habitantes do ceo da poesía e da galeguidade.
miércoles, 19 de octubre de 2011
Vodas de ouro dunhas Memorias
Comezaba 1961 cando na quinta provincia galega dábase ao prelo unha novela da que, cincuenta anos despois, están vendidos máis de 600.000 exemplares. Memorias dun neno labrego é xa todo un clásico da nosa literatura traducido a múltiples linguas. Balbino forma parte indiscutible do acervo de personaxes patrimonio literario da humanidade e as súas vivencias son lidas con avidez por lectores dos cinco continentes.O luns, 24 de outubro, Neira Vilas honrará coa súa presenza e coas súas palabras a celebración do Día Internacional das Bibliotecas Escolares en Tui. Será unha oportunidade histórica para escoitar e coñecer en persoa a un patriarca das letras galegas vivo, alguén, que -parafraseando a lápida de Cunqueiro, outro autor que conmemoramos neste ano- coa súa obra, fai que Galicia dure mil primaveras máis.
martes, 28 de junio de 2011
Un diario que non pecha
Neste día triste para os medios de comunicación en galego, cando aparece por última vez en edición impresa o diario Galicia Hoxe,Ana era unha nena de trece anos que sufriu o ataque dos nazis ao pobo xuedeu. Ana, a súa familia e outras persoas viven nun refuxio detrás da empresa onde o seu pai traballaba, desde 1942 a 1944; nese tempo escribe no seu diario todo o que sucede, os problemas de convivencia, a falta de alimentos, a necesidade de ver o sol ou a súa visión do mundo. Ao final todos son apresados e levados a campos de concentración onde morren agás o seu pai, que é o encargado de publicar o diario.
miércoles, 22 de junio de 2011
Tres propostas distintas dunha única lectora
Gustoume o libro porque trata da unión dunha familia. Unha nena mira a dous amigos invisibles e, de repente ponse enferma porque di que os seus amigos teñen desaparecido. O pai e o irmán da nena buscan aos desaparecidos. A busca resulta complicada, ao final atópanos mortos pero a nena queda aliviada porque puido enterrar aos seus dous mellores amigos.
Agnes de Dios de Leonore Fleischer
É un dos meus libros favoritos.
Atopan o cadáver dun bebé, estrangulado, na papeleira de Agnes, nun convento de monxas. A doutora Livingston ten que pescudar se Agnes é culpable (e merece ir á prisión) ou se ten un problema mental.
Nacida inocente de Di Pego e Hurwood
Este libro conta a historia dunha adolescente que está nun centro de menores e non sabe o motivo polo que está alí. Con tempo infórmase que foron os seus pais os que a meteran alí, ela segue sen entendelo mais procura pasar os niveis que esixe o centro para saír del e así poder regresar ao fogar familiar para estar cos seus.
Natalia Alonso Pérez, 2º ESO C
miércoles, 15 de junio de 2011
De vampiros
de Angela Sommer-Bodenburg
A un neno chamado Antón encántanlle as historias de misterio. Un día, estando no seu cuarto, o vampiro Rüdiger pousa na fiestra; desde ese momento cada sábado Rüdiger vai ler os libros de vampiros que Antón ten na casa, un día Rüdiger decide presentarlle a súa familia e Antón faise noivo de Anna, irmá de Rüdiger...
da mesma autora
Un día Antón non estaba na súa habitación. Rüdiger ve nela a unha nena da que se namora e chega un momento en que ninguén pode separalos...
Ana Álvarez Rodríguez, 2º ESO C
viernes, 10 de junio de 2011
As crónicas de Spiderwick
Las crónicas de Spiderwick:
El libro fantástico
de Tony Diterlizzi e Holly Black
Libro rápido e de lectura doada. Os protagonistas son tres irmáns, dous deles xemelgos. Eles e a súa nai van vivir nunha nova casa na que algo lles chama á atención. Ao perseguir a un suposto esquío atopan unha especie de casa dun estraño animal. Jared, un dos irmáns, chega a un cuarto sen portas cunha mensaxe escrita enriba da mesa: “arriba, arriba, sempre arriba”. Por isto Jared métese en leas e a nai comeza da desprezalo. Despois de investigar atopa un libro de seres fantásticos no faiado. Jared arrepentido constrúe unha nova casa para o animal estraño do que nunca máis se soubo.
Sara Freiría Durán, 2º ESO C
viernes, 27 de mayo de 2011
Odiseo adaptado
de Rosa Navarro Durán
Esta obra trata a historia de Ulises cando intenta regresar a súa patria ao finalizar a guerra de Troia. Conta os problemas da viaxe de volta: por exemplo, o episodio de Polifemo un xigante que ataca a Odiseo e aos seus compañeiros, come algúns deles e tíralles pedras máis Ulises mételle unha estaca nun ollo. Narra tamén a matanza – ao regresar á patria, Ítaca- dos pretendentes de Penélope (a muller de Ulises) a mans do propio Ulises e de Telémaco, o seu fillo.
Telmo Martínez Moure, 2º ESO C
martes, 10 de mayo de 2011
Lectura de "Máis Alá"
Esta é a historia de Harry, un neno que morre con doce anos máis ou menos. Harry non se despedira da súa irmá e procura dicirlle que a quixera moito. No outro mundo Harry coñece a Arthur, outro neno da súa mesma idade morto a consecuencia da gripe española. Arthur busca a súa nai e axuda a Harry a regresar ao mundo dos vivos, é así como Harry chega a súa casa e logra enviar a súa irmá unha mensaxe de perdón, escrita co poder da súa mente. Ao final Harry despídese e Arthur atopa a súa nai de xeito que os tres cruzan cara ao Máis Alá.
Sara Freiría Durán, 2º ESO C
miércoles, 20 de abril de 2011
Que me queres, bolboreta?
A lectura dos dezaseis relatos curtos que forman Que me queres, amor é a nosa particular maneira de celebrar o oitenta aniversario da II República.lunes, 18 de abril de 2011
Para os amigos do mellor amigo do home
Libro didáctico sobre o rottweiler, can que procede de Alemaña e que xa os gregos tiñan para determinados traballos. Gustoume o libro porque da orientacións para mercar un rottweiler. Fala tamén da hixiene, os xoguetes do can, a comida que debe tomar, os parasitos (externos e internos) que poden afectarlle como tratalos. Da conta das enfermidades (como a displasia na cadeira) e mostra os distintos órganos. Trae un glosario onde se explican algunhas palabras ou enfermidades. Na última páxina hai un sitio para pegar unha foto do teu rottweiler, poñer o nome, orixe...
O libro está ben pero eu poñería máis imaxes con información e tamén algún capítulo con enderezos de tendas, criadeiros, adestradores... A pesar de todo o libro -insisto- está moi ben, encantoume.
lunes, 11 de abril de 2011
Marcos Calveiro connosco
O mércores 6 de abril, o escritor Marcos Calveiro veu ao noso instituto, e falounos sobre o seu libro “O pintor do sombreiro de Malvas”, que gustou a moita xente e recibiu moitos premios.O autor falounos de como comezara a escribir o libro e da gran cantidade de datos reais que manexara.
Tamén nos ensinou moitas curiosidades sobre a vida de Vicent Van Gogh e deu a súa opinión acerca dalgúns cadros deste pintor que aparecen como ilustración no libro.
Para conseguir información sobre Van Gogh axudouse de internet, películas e outros libros. Isto fai que o libro teña un ton realista, xa que a vida de Vincent seméllase a vida real do pintor mais non todo é certo.
Os personaxes da historia tampouco son todos reais. Pierre é inventado mentres Adeline é real.
Marcos Calveiro, ao final da presentación, permitiunos preguntarlle as dúbidas que tiñamos acerca do libro. Tamén adicou e asinou libros aos que quixeron.
A novela pareceume interesante ao igual cá presentación, xa que ademais de entreternos, ensinounos moitas cousas da vida de Van Gogh que descoñeciamos.
(Sara María González Piña, 3º ESO B)
viernes, 8 de abril de 2011
Anxo Angueira visitounos
O profesor, escritor, poeta e crítico literario, Anxo Angueira deunos unha interesante charla e recital de poesía o día 4 de abril sobre a escritora Rosalía de Castro. Comezou falando da vida da propia escritora e das súas ideas. Para el Rosalía de Castro é “a Cervantes” ou “a Shakespeare” da literatura galega; a súa máxima expoñente, o seu símbolo. Comentou os novos descubrimentos sobre a súa vida, como que agora se sabe que ela non viviu co seu pai e que ela non aprendeu o cancioneiro popular escoitando “ao pé da lareira”, senón investigando e preguntando.
Sobre as ideas de Rosalía comentou que ela estableceu a oposición Galicia-Castela e denunciou o tratamento ao que estaba sometida Galicia daquela, que era considerada como unha auténtica colonia. Tamén denunciou dramas sociais, como a emigración (Adios ríos, adios fontes), a pobreza, a inasistencia aos orfos, ... Tamén se denota bastante anticlericalismo nos seus poemas.
Anxo Angueira tamén comenta que Rosalía dignificou a lingua, a cultura e a paisaxe galega.
Despois desta charla recitou varios poemas, como o de “Santiña Santasa” e comentounos, dando a súa opinión acerca de cada un.
En xeral a charla pareceume moi interesante e relativamente amena. Unicamente teño que dicir que ao principio estendeuse demasiado, desde o meu punto de vista, pero como xa dixen en xeral foi moi interesante e pouco “pesada”.
(Amaro González Pousa, 1º BAC B)
miércoles, 23 de marzo de 2011
Máis Laura Gallego
de Laura Gallego García
Un coleccionista de reloxos manda a Jonathan á cidade en busca do reloxo Deveraux para poder salvar a alma da súa madrasta. Libro moi entretido. Mentres o les, sentes que hai cousas que son estrañas e non teñen moito senso. Intrígate e queres saber que é o que pasa con esa cidade.
viernes, 11 de febrero de 2011
Robinson, un clásico
Robinson Crusoe de Daniel Defoe
O desexo de Robinson era viaxar a América. Viaxará co seu can Venus. A viaxe é tranquila mais chegarán as dificultades, o capitán do barco quere variar o rumbo, Robinson vai impedirllo e acaba na prisión do barco. Prodúcese unha tormenta e todos os mariñeiros morren mais Robinson e o seu can sobreviven nunha illa no medio do Atlántico onde pasan cousas fascinantes.
Libro entretido e bastante interesante, grazas a el aprendín como se pode sobrevivir en condicións adversas.
martes, 25 de enero de 2011
Crónica dunha lectura anunciada
É curioso que cando acabas de ler a novela aínda que ao principio conta que Santiago morre, sentes que pode salvarse.










